ÓRGANOS DE GOBERNO.
Unipersoais
Forman este equipo directivo:
- Directora/Titular
- Xefe de Estudos.
- Secretario/a.
As súas funcións axústanse ao lexislado no artigo 132 da “Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo de educación” así como no lexistado nos artigos 27, 34 e 35 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e Colexios de Educación Primaria.
Tan só un sistemático traballo en equipo pode favorecer a coherencia e a continuidade de acción formativa que realiza o claustro, impulsando e coordinando a elaboración, aplicación e avaliación do Proxecto Curricular de Centro, así como a programación e realización das actividades de formación permanente do profesorado.
Colexiados
- Consello Escolar.
A súa composición, atribucións e funcións axustaranse ao disposto nos artigos 126 e 127 da “Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo de educación”
- Claustro de Profesores
A súa composición, competencia e funcionamento axústase ao regulamentado nos artigos 128 e 129 da “Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo de educación”
EQUIPOS DOCENTES.
Equipos de ciclo
Cada ciclo disporá dun coordinador elexido entre os seus membros. A periodicidade das reunións quedará fixada na Programación Xeral Anual.
Son funcións dos equipos de ciclo:
- Completar, revisar e adaptar o currículo do ciclo correspondente.
- Elaborar as Programacións de aula.
- Coordinar a marcha do ciclo.
- Canalizar iniciativas do profesorado e promover o intercambio de experiencias.
- Facilitar a integración e a educación na diversidade e cando proceda facilitar a flexibilidade de agrupamento dos alumnos/as.
- Promover actividades.
Comisión de Coordinación Pedagóxica
A composición, organización e as competencias da coordinación pedagóxica son as que se establecen nos artigos 61 e 62, Capítulo II, título III, do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e Colexios de Educación Primaria.
Está constituído por:
- Directora (Presidenta)
- O Xefe de estudos.
- Os Coordinadores de ciclo.
- Especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica
- Coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Equipos de dinamización da Lingua Galega
Será o encargado de impulsar o cumplimento da lexislación en materia de Normalización Lingüística e de potenciar as actividades que se consideren máis idóneas.
Este equipo estará formado por un profesor/a de cada ciclo, nomeados polo Director/a.
As actividades realizadas polo equipo quedarán rexistradas na Programación Xeral Anual (P.X.A.)
Equipo de actividades complementarias e extraescolares
Está constituído por un xefe/a nomeado polo Director/a e polos profesores/as que participan nela.
Reuniranse trimestralmente e as súas actividades quedarán incluídas na P.X.A.
Titorías
Cada profesor/a desenvolverá, ademais das súas tarefas específicas, a acción titorial sobre un grupo de alumnos e alumnas de forma que teña continuidade ao longo de cada ciclo.
Son funcións do titor/a:
- Coñecer as características personais de cada alumno ou alumna.
- Levar rexistros de asistencia, avaliación, boletíns e conduta.
- Seguir o proceso académico de cada alumno e alumna.
- Dirixir os aprendizaxes dos alumnos e alumnas axudándolles a superar as dificultades que atopen.
- Programar e coordinar actividades de recuperación.
- Orientar aos alumnos e alumnas no seu proceso formativo.
- Informar aos pais/nais sobre a evolución persoal, integración no Centro e rendemento académico dos alumnos ou alumnas.
- Estimular a participación dos seus alumnos e alumnas nas actividades educativas.
- Asistir ás reunións dos distintos Equipos Docentes, colaborando cos seus respectivos coordinadores.
- Atender aos alumnos/as nos períodos de recreo ou entre clases.
Co fin de facilitar a relación dos profesores/as-titores cós pais/nais, fixarase na Programación Xeral Anual o horario de atención aos pais-nais.