O noso traballo

Dende o Colexio Nuestra Señora Inmaculada de Santa Comba, A Coruña, dámosvos a benvida á nosa páxina web.  Presentámosvos dende aquí o noso centro, tratando sempre de manternos actualizados/as e mellorar a calidade da nosa práctica educativa. Queremos ser educadores/as nesta sociedade da información e a comunicación, dentro da cal o noso alumnado, xeracionalmente, supón unha peza chave. 

Facémolo cheos/as de bos propósitos, pretendendo que esta páxina sexa un medio para a información, a creación de novas canles de comunicación para coa comunidade educativa, a colaboración e participación das familias, a innovación e a introdución das novas tecnoloxías na labor docente, o acceso á documentación e recursos educativos e a mostra do traballo diario do noso alumnado dentro e fóra da rede. En definitiva, unha porta aberta ao mundo para atoparnos e coñecer a nosa labor educativa.

Esperando que o que atopedes aquí vos resulte útil e a visita virtual ao noso centro, amena e agradable. recibide a miña máis entrañable benvida:
                                                                 

 

   Beatriz Quintela Fernández


     Directora do Colexio Nuestra Señora Inmaculada

Ligazóns
Recomenda o teu libro
Inglés
 
 

 

Benvidos ao curso 2023/2024

O CPR Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada dávos a benvida a este novo curso 2023/2024 que estamos a preparar con moita ilusión e agarimo. Desexámosvos unha feliz volta ao cole!!

PROA+

CONCURSO DE REDACCIÓN “AS NOSAS LETRAS” 2023

CONCURSO DE REDACCIÓN PARA ESCOLARES “AS NOSAS LETRAS” (2023)