EDUCACIÓN PRIMARIA

METODOLOXÍA:

  • Informática en todas as materias curriculares, con materiais interactivos (Snappet) orientados a consolidar e reforzar  todas as unidades didácticas traballadas na aula.
  • Xadrez como instrumento para potenciar a capacidade de razoamento lóxico matemático, a concentración, a creatividade, memoria visual, e valores como a perseverancia, a autocrítica e a toma de decisións.
  • Robótica: Ademais de desenvolver o pensamento computacional, os robots educativos favorecen o desenvolvemento doutras habilidades cognitivas entre nenos e nenas: Aprender dos erros: descubrir que os erros non son definitivos senón unha fonte de novas conclusións é unha valiosa lección para o futuro.
  • Actividades complementarias e extraescolares: Zumba, Inglés, excursións e saídas. 
  • Ensinanza personalizada: Permítenos coñecer as particularidades de cada estudante, centrándonos nas accións persoais que debemos levar a cabo para potenciar as súas habilidades e mellorar o desenvolvemento da súa formación

OBXECTIVOS EDUCATIVOS: 

  • Educar no compromiso solidario.
  • Desenvolver unha actitude responsable e de respecto polos demais, que favoreza un clima para a liberdade individual, a aprendizaxe e a convivencia.
  • Facilitar ao alumno/a o coñecemento e a comprensión do mundo a partir da súa realidade máis preta.
  • Estimular o sentido crítico e a formación dun pensamento aberto e creativo que oriente a nosa toma de decisións.
  • Desenvolver hábitos de esforzo e responsabilidade e actitudes de curiosidade e interese por aprender.
  • Potenciar a utilización das novas tecnoloxías no seu proceso de ensinanza-aprendizaxe.
  • Asegurar a igualdade de oportunidades prestando atención preferente a aqueles sectores máis desfavorecidos.
  • Coñecer ao alumno/a mediante a acción titorial e guialo no seu proceso de maduración e aprendizaxe.
  • Favorecer nos alumnos/as o coñecemento e a aceptación de si mesmos como base do seu desenvolvementopersoal.
  • Desenvolver unha aprendizaxe que lles axude a integrar os seus coñecementos a través dunha serie de destrezas, habilidades e técnicas que lles permitan relacionar o novo co xa adquirido e reflexionar sobre o que vive e aprende.
  • Favorecer a comunicación potenciando a observación, a atención e a escoita.
  • Realizar un proceso de avaliación constante no seu proceso educativo.
  • Propugnar a desaparición de actitudes sexistas e a homoxeneización de roles para promover a igualdade entre os sexos.
  • Potenciar o razoamento lóxico para a resolución de situacións problemáticas.