EDUCACIÓN INFANTIL

  

 METODOLOXÍA

  • Programación aberta e flexible.
  • Especial atención á lecto-escritura, psicomotricidade, matemática manipulativa, música e inglés.
  • Iniciación á informática: Ordenador, PDI, táblet…
  • Metodoloxía lúdica: As estratexias lúdicas son actividades que inclúen xogos educativos, dinámicas de grupo, emprego de xogos como ferramentas  para reforzar as aprendizaxes, coñecementos e competencias dos alumnos dentro ou fora da aula.
  • Atención individualizada e personalizada: Permitirá que cada alumno/a traballe para a consecución dos obxectivos propostos segundo o seu propio ritmo e posibilidades.
  • Xadrez como instrumento para potenciar a capacidade de razoamento lóxico matemático, a concentración, a creatividade, memoria visual, e valores como a perseverancia, a autocrítica e a toma de decisións.
  • Robótica: Ademais de desenvolver o pensamento computacional, os robots educativos favorecen o desenvolvemento doutras habilidades cognitivas entre nenos e nenas: Aprender dos erros: descubrir que os erros non son definitivos senón unha fonte de novas conclusións é unha valiosa lección para o futuro.
  • Actividades complementarias e extraescolares: Zumba, Inglés, excursións e saídas. 

  OBXECTIVOS EDUCATIVOS

  • Procurar que as/os nenas/os se adapten ao ambiente escolar e se sintan felices.
  • Iniciar aos nenos/as na adquisición do seu propio ego.
  • Integrarse no grupo creando lazos de amizade e convivencia.
  • Axudarlle a descubrir a existencia de certas normas para o ambiente familiar, escolar, humano, cívico e relixioso.
  • Axudarlle a tomar decisións por si mesmos.
  • Ensinarlles a compartir, comprender e expresar as súas ideas, os seus pensamentos, as súas emocións, a través da linguaxe oral, plástica, corporal, musical e audiovisual.
  • Desenvolver a creatividade.
  • Axudar ao neno/a a adquirir unha imaxe axustada e positiva de si mesmo.