Dende o Colexio Nuestra Señora Inmaculada de Santa Comba, A Coruña, queremos darvos a benvida a nosa páxina web. Abrimos as nosas portas ao mundo das novas tecnoloxías, tratando de impulsar todo aquilo que nos leve a mellorar o noso labor educativo e iso condúcenos agora a crear esta web e con ela, o noso propio oco en Internet.
Fixémolo cheos de bos propósitos e queremos que esta páxina sexa un medio para: informar mellor, crear novos canles para comunicarnos, innovar, acceder a informacións, imaxes, recursos educativos, introducir as novas tecnoloxías no labor docente, abrir as nosas portas virtuais a todo aquel que queira acercarse a coñecernos…
Queremos ser educadores nesta “Sociedade da Información e a Comunicación” que nos toca vivir, e esta web, é un exemplo palpable do esforzo que realizamos neste sentido.
Espero que todo o que atopedes aquí sexa moi útil e que a visita virtual ao noso centro resulte amena e agradable.
Dende o Colexio Nuestra Señora Inmaculada, recibide a miña máis entrañable benvida.
Beatriz Quintela Fernández
Directora do Colexio Nuestra Señora Inmaculada